A todo amante da carne encántalle desfrutar, de cando en vez, dunha boa costeleta de tenreira. Trátase dunha das pezas máis valoradas da tenreira, polo seu perfecto equilibrio de carne magra e graxa.
Aínda que a receita para facer unha boa costeleta de tenreira é sinxela (chega con pasala pola prancha ou á grella), un dos trucos reside en atopar o punto perfecto para cada comensal. Para isto é moi importante saber atopar o equilibrio do lume e o grosor de cada costeleta.
Cando dicimos que esta é unha costeleta suprema, é porque ten o selo de Tenreira Galega Suprema. Isto garánteche que procede de animais entre 8 e 10 meses de idade. Non só levarás á túa boca unha peza de carne que cumpre con todos os estándares desta cualificación, como a súa procedencia de Galicia, senón que é un anticipo do seu exquisito sabor.
É difícil saber cales son as mellores costeletas de tenreira da provincia de Lugo, pero sen dúbida, as que venden en Asgafon están no top. Crían os animais en liberdade e nos montes da comarca de A Fonsagrada, o que axuda a que se forme unha carne de extraordinaria calidade.
Enviamos as costeletas de tenreira envasadas ao baleiro e en transporte refrixerado con control de temperatura, para que as recibas en condicións óptimas. Tes que probalas!
Calificación Comentarios (0)