Xarrete de Tenreira - Asgafon
Xarrete de Tenreira - Asgafon
Xarrete de Tenreira - Asgafon
Xarrete de Tenreira - Asgafon

Xarrete de Tenreira - Asgafon

O xarrete de tenreira é un corte da pata da tenreira. Ten unha textura xelatinosa que fai unha carne moi zumarenta.

  • Carne de calidade suprema (Tenreira Galega Suprema).
  • Recíbeo envasado ao baleiro, listo para cociñar ou conxelar.
  • Unha carne con sabor e textura que eleva calquera guiso.
Tipo de corte
Tipo de envasado
17,30 €
IVE incluido

Descrición

Un xarrete de tenreira de calidade suprema… e non o dicimos nós, aválao o selo de Tenreira Galega Suprema.

Así se garante que as tenreiras naceron en Galicia e foron criadas en liberdade, alimentándose de forma natural con produtos autóctonos.

Xarrete, caracú, osobuco, canilla ou morcillo, son algúns dos nomes que recibe este corte de carne que se distingue polo seu sabor e tenrura. É perfecto para preparar asado, guisado, en salsa ou estofado. A súa versatilidade e textura faino facilmente adaptable a diferentes elaboracións.

Traballamos moi duro para conseguir a mellor loxística e sistema de envío para a nosa páxina web, de forma que poidamos garantir que os nosos produtos chegan nunhas condicións óptimas á túa casa. Enviámosche o xarrete envasado ao baleiro e en transporte refrixerado.

Se queres o mellor xarrete de tenreira para as túas receitas caseiras, tes que probar o de Asgafon. Estamos seguros de que repetirás unha e outra vez, porque a calidade da carne desta asociación é o resultado do método tradicional de cría e alimentación nas montañas da Fonsagrada.

Detalles do produto

10001007
40 elementos:

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

Calificación Comentarios (0)

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

16 outros produtos na mesma categoría:

Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.