Inclúe a loción capilar Muuhlloa na túa rutina de coidado capilar para aproveitar os seus principios activos con efecto densificador e estimulante.
Esta loción capilar está elaborada con ingredientes de certificación ecolóxica e de produción propia como o pemento de Padrón, o romeu, a ortiga ou a salvia, formulados para estimular a circulación e fortalecer o coiro cabeludo. Entre os ingredientes desta loción capilar, tamén está o buxo, que tradicionalmente se utilizou durante séculos para tratar problemas capilares.
O modo de emprego é moi sinxelo, é necesario axitar o bote e aplicar a loción sobre o coiro cabeludo. Usa a pipeta dosificadora para repartir mellor o produto. Masaxea lixeiramente cos dedos para garantir que se absorbe correctamente e non aclares, deixa que o produto actúe. Esta loción capilar pode ser utilizada co cabelo seco ou húmido.
Esta é unha loción capilar ecolóxica na que toda a materia prima e os ingredientes son de produción propia de Muuhlloa. Un proxecto de cosmética ecolóxica galega que nace da colaboración de dúas empresas lideradas por mulleres na Comarca da Ulloa, Lugo. Granxa Maruxa e Milhulloa comparten recursos para innovar no sector da cosmética natural, aproveitando os saberes tradicionais e apostando pola sustentabilidade e os produtos de calidade.
Calificación Comentarios (0)