Churrasco de Tenreira - Asgafon
Churrasco de Tenreira - Asgafon
Churrasco de Tenreira - Asgafon
Churrasco de Tenreira - Asgafon
Churrasco de Tenreira - Asgafon
Churrasco de Tenreira - Asgafon

Churrasco de Tenreira - Asgafon

Un churrasco de tenreira de calidade garantida pola súa orixe: as tenreiras de Asgafon que nacen e viven en liberdade nos montes da Fonsagrada.

  • Selo de calidade Tenreira Galega Suprema.
  • Un equilibrio perfecto de carne e graxa para conseguir o mellor sabor.
  • Churrasco de falda de tenreira, de animais de entre 8 e 10 meses.
Tipo de corte
Tipo de envasado
16,75 €
IVE incluido

Descrición

O churrasco de tenreira é unha das pezas favoritas dos amantes da mellor carne. Un clásico nas grellas e brasas das fins de semana nos meses de primavera e verán. É un corte de carne no que se pode atopar óso, carne magra e graxa. O equilibrio nestas proporcións fai que este churrasco de tenreira teña un sabor único.

En Son de Lugo podes comprar un dos mellores churrascos de tenreira da provincia de Lugo. Facémoscho chegar en transporte con temperatura controlada ata o teu domicilio, para que o recibas nunhas condicións óptimas e só te preocupes de facer as brasas para a grella.

Como toda a carne que vendemos na nosa tenda en liña, enviamos o churrasco envasado ao baleiro, en bolsas totalmente herméticas que son aptas para conxelar. Se non vas consumilo nos días seguintes a recibilo, podes conservalo no conxelador durante máis tempo. A carne de tenreira non perde sabor nin propiedades se se conxela correctamente, polo que non hai escusa para non gardar sempre un pouco de churrasco no conxelador.

Este churrasco leva o selo de calidade de Tenreira Galega Suprema, que garante a procedencia de animais de entre 8 e 10 meses de idade, criados en liberdade en Galicia e alimentados de forma natural.

Os socios de Asgafon crían os seus animais na comarca da Fonsagrada, como se fixo xeración tras xeración. O resultado é unha carne de extraordinaria calidade recoñecida por todos.

Detalles do produto

10001003
59 elementos:

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

Calificación Comentarios (0)

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

16 outros produtos na mesma categoría:

Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.