O rabo de tenreira corresponde coas vértebras finais da columna vertebral da tenreira.
É unha carne moi xelatinosa, melosa, non moi magra pero cun sabor e aroma intenso, ideal para guisar ou estofar.
Enviamos o rabo de tenreira envasado ao baleiro, cortado en anacos (pola xunta) ou nunha única peza.
Pódese conservar na neveira durante unha semana ou conxelalo na mesma bolsa na que se envía porque non perde propiedades.
A nosa asociación é 100% responsable co medio e cos nosos animais, marcados co selo de Ternera Gallega Suprema, que garante a calidade da carne dos animais criados en liberdade en A Fonsagrada.
Comprando os nosos produtos axudas a un rural vivo na comarca de A Fonsagrada.
Calificación Comentarios (0)