A falda de tenreira é unha peza de carne moi versátil para a cociña, porque permite elaboracións tan diferentes como guisos, estofados, asados, "carne ao caldeiro", etc.
Neste caso, ao ser unha materia prima de gran calidade e sabor, non necesita máis nada que un puré de patacas ou unhas verduras para agradar aos teus comensais.
A súa calidade está garantida tanto polo selo Tenreira Galega Suprema, como pola forma en que traballan os socios de Asgafon cos seus animais. Os tenreiros comercializados pola asociación críanse en liberdade e aliméntanse de forma natural. Isto marca a diferenza cando probas a súa carne.
A falda de tenreira envíase envasada ao baleiro, en bolsas que se poden utilizar para conxelar. A tenreira non perde sabor nin propiedades ao ser conxelada, polo que se a tes no teu conxelador, pode servir como fondo de despensa para solucionar calquera cea ou comida.
Recibirás o teu pedido de Son de Lugo en transporte refrixerado, con control de temperatura constante, para que a carne chegue en condicións óptimas á túa casa.
Se visitas a zona de A Fonsagrada, é moi probable que atopes as vacas e tenreiros de Asgafon salpicando a paisaxe e pastando tranquilamente nos prados mentres te ven pasar. Elas fan o seu labor para manter un medio rural vivo e son parte da solución contra o despoboamento, o abandono e os incendios.
Calificación Comentarios (0)