Para conseguir o mellor chuletón de Tenreira Galega Suprema fomos ás montañas da comarca de A Fonsagrada, onde os gandeiros e gandeiras da Asociación de gandeiros A Fonsagrada (Asgafon) crían os seus animais en liberdade e aliméntanos de forma natural, con leite materno e produtos de proximidade como as patacas ou a remolacha.
Este tipo de cría tradicional fai que o chuletón de tenreira de Asgafon se distinga pola súa excelente calidade, que se traduce nunha carne tenra e zumarenta, de sabor exquisito. Son chuletóns supremos e, non en balde, contan co esixente selo de Tenreira Galega Suprema.
Este chuletón de tenreira é ideal para preparar á grella, á brasa ou á prancha. Para deixalo ao gusto dun padal gourmet, só é necesario engadirlle un pouco de sal.
En Son de Lugo traémosche o mellor chuletón de tenreira da provincia de Lugo a golpe de click. Engádelo á túa cesta, tramitas o teu pedido e enviámoscho á casa envasado ao baleiro e en transporte refrixerado, coa temperatura ideal para que a carne chegue nunhas condicións óptimas. Todo o sabor dun bo chuletón de A Fonsagrada na túa propia casa.
Calificación Comentarios (0)