O entrecosto de tenreira é unha das pezas favoritas dos amantes da carne e o bo comer. Un corte de carne das máis nobres do animal cun equilibrio perfecto entre carne e graxa.
Normalmente cocíñase á grella ou á prancha e é un alimento apto para unha dieta saudable polas súas propiedades nutricionais.
Que fai que este entrecosto sexa unha das carnes mellor valoradas?
O entrecosto que pides na nosa tenda en liña ten o selo de Tenreira Galega Suprema; unha garantía de que procede de animais nados, criados e sacrificados en Galicia. É carne de tenreiras dun máximo de 10 meses de idade, que foron criadas en liberdade e alimentadas de forma natural a base de leite materno e forraxes ou patacas.
Na provincia de Lugo, as familias que forman parte da asociación Asgafon, seguen un método de cría tradicional, como se realizou nesta zona durante varias xeracións. O resultado: un sabor auténtico e natural na carne que comercializan e que che facemos chegar á túa casa.
Toda a carne que pides na nosa web envíase envasada ao baleiro e en transporte refrixerado. Desta forma, garantimos que chega á túa casa nunhas condicións óptimas e con toda a súa frescura.
Os prados e pastos de A Fonsagrada garanten a herba necesaria para conseguir que cada vaca medre e se críe de forma saudable. Proba un entrecosto de tenreira zumarento, saboroso e de excelente calidade. Recíbeo na túa casa da forma máis cómoda e pon a proba o teu padal.
Calificación Comentarios (0)