Faba verdina - Terras da Mariña
Faba verdina - Terras da Mariña
Faba verdina - Terras da Mariña
Faba verdina - Terras da Mariña

Faba verdina - Terras da Mariña

As fabas verdinas son uns legumes secos e pequenos que teñen unha característica cor verde brillante. Están cultivadas na Mariña Lucense por agricultores que forman parte da Cooperativa Terras da Mariña.

  • Ideais para acompañar pratos de marisco e peixe.
  • Colleitadas en verde, proceso de secado tradicional para conservar a súa cor.
  • Cociñado fácil, as fabas quedan enteiras, sen partirse.
Peso
18,90 €
IVE incluido

Descrición

As fabas verdinas teñen forma arriñonada, lixeiramente aplanada. Tamén se coñecen como “fabas do marisco” porque se utilizan en guisos con diferentes tipos de marisco (fabas con ameixas, fabada de marisco, verdinas con polbo…).

Teñen unha pel moi fina, que ao cocela é case imperceptible. O seu interior é mantecoso e con moito sabor.

A recolección desta variedade é especial, porque se realiza cando as vainas aínda están verdes. Como se secan en verde, as fabas verdinas teñen esta cor verde esmeralda característico e conservan tamén un intenso sabor vexetal.

Para cociñalas non necesitan remollo, aínda que se se deixan en remollo durante algunhas horas acúrtanse os tempos de cociñado.

Son fabas verdinas seleccionadas, de alta calidade e sobre as que non se utilizou ningún tratamento químico para a súa conservación. Para gardalas durante máis tempo, mantenas nun lugar seco e fresco, protexidas da luz solar.

Estas fabas verdinas cultívanse na Mariña Lucense, na zona norte da provincia de Lugo. Os agricultores que forman parte da Cooperativa Terras da Mariña utilizan as técnicas tradicionais de cultivo para conseguir estas fabas de excepcional calidade e sabor.

Detalles do produto

15010004
4 elementos:

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

Calificación Comentarios (0)

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

13 outros produtos na mesma categoría:

Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.