Arqueixal Nabiza madúrase como mínimo durante medio ano. Nese proceso de maduración vai adquirindo unha textura cada vez máis firme e vaise intensificando o seu sabor. A súa maduración non se interrompe, pódelo seguir madurando nun lugar fresco ata conseguir un aroma máis intenso. Se no proceso de maduración caseiro aparece algo de mofo na cortiza, pódese lavar cun pouco de auga salgada e secar ben cun pano de fibras naturais.
A pasta deste queixo Arzúa-Ulloa curado é amarela intensa (un pouco máis pálida no centro) e moi compacta, sen apenas ollos. Ten un grao elevado de graxa e baixa humidade. Entre os seus aromas, destacan referencias sutís a froitos secos e referencias máis intensas a manteiga.
Este queixo curado de Arqueixal deuse a coñecer como “Queixo Nabiza” porque tradicionalmente elaborábase na tempada en que as nabizas estaban en plena produción. Ademais do selo de garantía da D.O.P. Arzúa – Ulloa, Arqueixal Nabiza, conta co selo do CRAEGA (Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia), o órgano encargado do control e a certificación das producións ecolóxicas en Galicia.
Para a conservación deste Queixo Nabiza, recoméndase mantelo na parte menos fría da neveira ou nun lugar fresco (con temperatura por baixo dos 15º C).
Enviamos este queixo curado co empaquetado e coa temperatura controlada para que chegue ao teu domicilio nunhas condicións óptimas.
Desde Palas de Rei, a Granxa Arqueixal é un proxecto orientado a conseguir produtos da máxima calidade, saudables e nutritivos, en base a unha produción ecolóxica e respectuosa co medioambiente.
Calificación Comentarios (0)