Este chourizo artesanal picante de Embutidos Suarna é unha auténtica delicia. Un produto elaborado con carne seleccionada (magro e touciño de porco).
No taller de embutidos artesanais de Embutidos Suarna pican a carne, adóbana con sal, allo e pemento picante, para logo embutila en tripas naturais de porco. O seguinte paso é conseguir curalos ou deshidratarlos de forma natural e para iso, seguindo a tradición, afúmanse con leña de carballo.
Estes chourizos picantes dos Ancares están envasados ao baleiro en bolsas de catro ou cinco unidades. Desta forma conséguese parar en certa medida o proceso de curación, illando o chourizo do exterior. Se queres que se curen máis, só tes que sacalos da bolsa e deixalos a temperatura ambiente nun sitio que non lles dea luz directa do sol.
Poderás comer os chourizos picantes de Embutidos Suarna crus, asados á brasa ou tamén cocidos. O amor pola tradición é un piar básico en Embutidos Suarna e iso nótase na produción que realizan. Desde Navia de Suarna continúan as técnicas que pasaron dunha xeración a outra, o que lles permite diferenciarse doutro tipo de chourizos, tanto en calidade como en sabor.
Calificación Comentarios (0)