Como podo pagar o meu pedido?

Podes pagar o teu pedido con tarxeta de crédito ou débito, con Bizum ou mediante transferencia bancaria. Selecciona o método de pago que prefiras cando tramites o pedido.

Canto tarda o pedido?

O prazo máximo de envío é de 10 días. Os pedidos saen do noso almacén os martes e xoves e entréganse nunha media de 12 horas. Avisarémoste en canto o pedido saia do noso almacén.

Como se envían os produtos que necesitan frío?

Os produtos frescos da nosa web que necesitan frío envíanse en transporte refrixerado, para que che cheguen nunhas condicións óptimas. Ademais, produtos como a carne, envíanse envasados ao baleiro.

Canto custa o envío?

O prezo dos gastos de envío márcase en función da zona e do tipo de transporte que necesitan os produtos comprados (frío, seco…). Todas as compras superiores a 78€ teñen gastos de envío gratuítos.

Onde enviades os vosos produtos?

Enviamos todos os produtos da web a España peninsular. Os produtos que non necesitan ser enviados por transporte refrixerado, tamén os enviamos a Portugal peninsular. Se queres recibir o teu pedido nunha zona ou país ao que non facemos envíos, ponte en contacto con nós e vemos se o podemos xestionar ca empresa de transportes.

Se tes calquera consulta sobre o teu pedido ou necesitas axuda coa túa compra, podes escribirnos un email a sondelugo@sondelugo.com, chamarnos ou enviarnos un WhatsApp ao teléfono 607 610 468.

Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.