Pan de trigo autóctono feito con corazón, da nosa terra e elaborado de forma artesanal. Na Panadería Fraga elaboran pan de verdade, co sabor e a textura da tradición.
A súa receita ten moi poucos ingredientes: fariña seleccionada de trigo autóctono, fermento, lévedo, auga e sal. Sen conservantes nin aditivos, só ingredientes naturais.
Para conseguir estas bolas de pan de trigo autóctono galego, séguese un minucioso proceso de amasado e repouso, respectando os tempos que necesita a receita, como se viña facendo o pan xeración tras xeración.
Podes comprar en liña pan de trigo autóctono galego en Son de Lugo, indicándonos co selector se prefires pezas de 500 gramos ou de 1 quilogramo. Enviarémoscho recén sacado do forno, para que en poucas horas poidas gozalo xa no teu domicilio.
No obradoiro que ten a Panadería Fraga en Palas de Rei, levan máis de corenta anos facendo pan e empanadas. Toda unha vida conservando as receitas e os procesos tradicionais para conseguir o mellor pan.
Calificación Comentarios (0)