Picaña de Tenreira - Asgafon
Picaña de Tenreira - Asgafon
Picaña de Tenreira - Asgafon
Picaña de Tenreira - Asgafon

Picaña de Tenreira - Asgafon

A picaña de tenreira é unha peza de carne moi zumarenta, ideal para preparar á brasa.

  • Tenreira Galega Suprema.
  • Cría en liberdade na Fonsagrada.
  • Envío envasado ao baleiro en transporte refrixerado.
Tipo de corte
Tipo de envasado
22,30 €
IVE incluido

Descrición

A picaña de tenreira é unha peza de carne que destaca pola tenrura que lle proporciona a capa de graxa que posúe nun dos seus laterais. É un corte procedente da cadeira, unha zona realmente tenra, e as súas características convértena en ideal para ser preparada á brasa ou ao forno.

Enviámosche a peza envasada ao baleiro, polo que poderás conservala sen problema durante unha semana na neveira. Ademais se queres prolongar a súa duración podes conxelala. Este tipo de carne de tenreira non perde propiedades nin sabor no conxelador.

En Son de Lugo preocupámonos por seleccionar as mellores materias primas e produtores da provincia de Lugo, para facerchos chegar á túa casa da forma máis cómoda e con total seguridade. Coidamos os nosos envíos para que recibas a carne nunhas condicións óptimas, por iso utilizamos sempre transporte refrixerado e con temperatura controlada.

A picaña de tenreira ten o selo de Tenreira Galega Suprema, garantindo a orixe do produto (nado, criado e sacrificado en Galicia) e unha cría natural, feita polos gandeiros e gandeiras de Asgafon con mimo e dedicación ao coidado dos animais. A comarca da Fonsagrada presenta as condicións ideais para esta filosofía de cría tradicional e en liberdade dos animais. Un paraíso natural que se converte nunha garantía total de calidade!

Detalles do produto

10001009
89 elementos:

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

Calificación Comentarios (0)

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

16 outros produtos na mesma categoría:

Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.