CERRADO POR VACACIONES

STOCK DE PRODUCTOS DESACTIVADO TEMPORALMENTE
Callos de Tenreira - Asgafon

Callos de Tenreira - Asgafon

Cortes do estómago e da pata da tenreira, limpos e listos para cociñar. Envío envasado ao baleiro para a súa correcta conservación ou a súa conxelación. Certificados Tenreira Galega Suprema.

  • Estómago
  • Pata
Tipo de envasado
Out-of-Stock
11,50 €
IVE incluido

Descrición

Os callos son un guiso típico da gastronomía española. Prepáranse con cortes de carne das patas e do estómago da tenreira. Ademais pode engadírselle chourizo, garavanzos e outros ingredientes, pero é imprescindible o sazonado con especias coma o pemento doce, caiena, comiño ou pementa negra.

Os callos envíanse limpos e partidos. Aínda que se poden cociñar directamente, é recomendable lavalos antes con auga quente e un chorro de vinagre.

Recibirás o teu pedido de callos envasados ao baleiro nunha bolsa hermética que permite conservalos frescos durante varios días ou ben conxelalos directamente nese mesmo envase.

En Asgafon utilizan para o seu combinado de callos (pata e estómago), carne da máis alta calidade: Tenreira Galega Suprema certificada. Este selo garante que procede de animais que se crían en liberdade e se alimentan de forma natural.

O envío deste produto faise en transporte refrixerado, garantindo sempre a súa conservación e que chegue ao teu domicilio en condicións óptimas.

Este produto procede da comarca de A Fonsagrada.

Detalles do produto

10001018

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

Calificación Comentarios (0)

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

16 outros produtos na mesma categoría:

Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.