ISTO É SON DE LUGO

Contámosvos que é Son de Lugo e quen estamos detrás desta iniciativa; como pretendemos facer as cousas, en que momento e desde que lugar. Acompáñanos neste percorrido.

Que?

Son de Lugo, das nosas mans á túa casa. Son de Lugo permíteche discorrer por un menú completo desde unha única dirección web: hortalizas, verduras e froita, lácteos e queixos, peixe, carne de porco e de tenreira, embutidos, legumes, especias, herbas aromáticas e infusións, viño e tamén cosmética. O mellor en calidade, 100% do territorio das comarcas de Lugo e directo á túa casa. 

Como?

Un clic en Sondelugo.com e poñemos o teu pedido na porta da casa. Sondelugo.com será como ir de feira a golpe de clic. A idea é que non teñas que saír de Sondelugo.com para facer a túa compra. Poderás ir á carnicería e escoller pezas de vacún da Asociación de Gandeiros A Fonsagrada (Asgafon), Embutidos de Suarna e Villabol. Na pescadería, Novomar serve os mellores froitos do mar. Terras de Mariña achega os legumes. No entanto, no noso liñal de lácteos ofertamos queixos das D.O. Arzúa-Ulloa (Arqueixal) e San Simón da Costa (Don Gabino). Na nosa adega hai viño da Adega Sidrón de Negueira de Muñiz e da D.O. Ribeira Sacra de ProenciaMilhulloa ocúpase de ter atendido o  herbolario e as infusións.  Finalmente, na nosa sección de cosmética ofertamos as propostas de Muuhulloa. E sen olvidarnos dunha das nosas delicias: o mel das colmeas dos nosos antepasados, de Outurelos, Casa Príncipe, A ruta primitiva e Melosa.

Cando?

Poderás facer o pedido comodamente desde a túa casa ou en calquera sitio, desde o teléfono móbil, e estará na túa porta nuns poucos días. Os prazos variarán dependendo das propias características e necesidades de conservación dos produtos. Sondelugo.com é unha tenda on-line intuitiva, concibida para que perdas o menor tempo posible: todo o que precisas está nunha soa dirección.

Onde?

Somos conscientes do noso privilexio. Vivimos nunha terra na que o sector agroalimentario é un dos principais motores económicos e un dos que achega máis emprego e innovación. Os nosos produtores e produtoras están comprometidos cun territorio ameazado polo despoboamento e son responsables de preservar unha paisaxe e unha cultura ancestral, pero son conscientes tamén de que nada disto é posible sen unhas condicións de vida dignas. Sabemos facer, e moi ben, queixos, pan e viño. Capturamos o máis saboroso do Cantábrico. Os nosos produtos cárnicos proceden de animais en liberdade e pastoreados en prados, soutos e carballeiras, que conforman a nosa contorna á beira de alvarizas centenarias. A orografía e o clima permiten variedades de fabas excelentes e hortalizas magníficas, ademais de herbas aromáticas de incalculable valor. Son de Lugo somos xentes da Fonsagrada e da montaña, da Ulloa e da Ribeira Sacra, da Terra Chá e da Mariña, e xuntámonos nesta iniciativa para pór á vosa disposición o mellor de nós. Saber e sabor sentan á mesa.

Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.