Hamburguesas de Tenreira - A Carqueixa

Hamburguesas de Tenreira - A Carqueixa

Non te perdas as hamburguesas de Tenreira Galega Suprema de A Carqueixa. Todo o sabor da mellor carne de tenreira para facer unhas hamburguesas realmente supremas.

  • Envasadas ao baleiro en packs de 2 unidades.
  • Carne 100% de Tenreira Galega Suprema, criada en liberdade.
  • Goza de todo o sabor dunha hamburguesa de calidade.
10,50 €
IVE incluido

Descrición

Probablemente estas sexan das mellores hamburguesas de tenreira que podes comprar en liña para facer na túa casa. Tes que probalas!

As hamburguesas de tenreira de A Carqueixa están realizadas a partir de pezas magras de carne de Tenreira Galega Suprema. Esta certificación garante a procedencia de tenreiros de entre 8 e 10 meses, que se criaron en liberdade e que a súa alimentación realizouse principalmente do leite materno, así como doutros produtos naturais como pastos, cereais ou tubérculos.

Só con este modelo de cría, esta alimentación e estes estándares se conseguen unhas hamburguesas zumarentas e co mellor sabor, perfectas para facer no punto ideal para cada comensal.

Enviámolas envasadas ao baleiro, en packs de 2 unidades. Na mesma bolsa hermética, pódelas conxelar e ter sempre dispoñibles para calquera cea ou comida improvisada. Estas hamburguesas son 100% de carne de tenreira de alta calidade, polo que podes conxelalas sen medo a que perdan o seu sabor.

Enviamos toda a carne da nosa tenda en liña en transporte refrixerado con control de temperatura. Desta forma, non tes por que preocuparche, porque os teus pedidos chegarán en condicións óptimas.

As hamburguesas de A Carqueixa están producidas por 200 cooperativistas da zona dos Ancares, unha serra do interior de Lugo onde a produción agropecuaria é o motor da súa economía. Comprándoas, ademais de adquirir un produto de excelente calidade, apoias a pequenos gandeiros e gandeiras.

Detalles de producto

10001012
96 elementos:

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

Calificación Comentarios (0)

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

16 outros produtos na mesma categoría

Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.