Carne picada de Tenreira - Asgafon

Carne picada de Tenreira - Asgafon

Carne picada de tenreira certificada co selo Tenreira Galega Suprema.

  • Animais criados en liberdade e alimentados de forma natural.
  • Para a súa elaboración utilízanse pezas de carne sen nervios e con pouca graxa.
  • Envasada ao baleiro en bolsas aptas para conxelar.
Tipo de envasado
13,70 €
IVE incluido

Descrición

A carne picada de tenreira serve para tantas elaboracións que é un básico imprescindible en calquera cociña: boloñesa, lasaña, albóndegas, filetes rusos, hamburguesas, etc.

Ao ser un ingrediente básico en todas estas receitas, a súa calidade e sabor é determinante no resultado final. A carne picada de Asgafon é unha garantía de saúde e de sabor na cociña familiar.

Envíase envasada ao baleiro en bolsas herméticas aptas para conxelar, polo que pedir sempre un pouco máis é unha boa opción para ter un recurso rápido no conxelador.

Carne picada con selo de Tenreira Galega Suprema. Esta Indicación Xeográfica Protexida está recoñecida pola Unión Europea e garante que a carne comercializada baixo o seu selo é exclusivamente de tenreiros nados, criados e sacrificados en Galicia.

Este produto envíase sempre en transporte refrixerado, de forma que chega ao teu domicilio nunhas condicións óptimas para o seu consumo.

Esta carne procede da Asociación de Gandeiros de A Fonsagrada, formada por máis de 200 familias que traballan e viven nesta zona.

Detalles do produto

10001017
86 elementos:

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

Calificación Comentarios (0)

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

16 outros produtos na mesma categoría:

Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.