Esta panceta de Porco Celta, certificada 100% Raza Autóctona Porco Celta, é salgada e curada de xeito tradicional, cunha gran calidade, palatabilidade e sabor. Esta panceta ten vetas de carne magra entre a graxa. Obtida da peza enteira, os cortes son o máis homoxéneos posible, sen ningún tipo de conservante nin colorante artificial.
Desde Son de Lugo enviámolo perfectamente envasado ao vacío, garantizando a súa frescura e conservación. Recomendamos que se manteña nun lugar fresco e seco. Probablemente a súa presentación máis común é á grella en forma de liscos, aínda que tamén se pode engadir coma un excelente ingrediente secundario na elaboración de moitos pratos, coma unhas lentellas ou acompañando unha hamburguesa.
Esta panceta provén en exclusiva de animais criados e cebados na explotación familiar de Hermelino, no Valadouro. Hoxe ao frente Adrián Sixto, un mozo que se decidiu firmamente a conservar a nosa cultura máis ancestral coa cría do Porco Celta na provincia de Lugo.
Calificación Comentarios (0)