Presentámosvos un pan que se obtén do agarimo aportado desde o inicio do proceso, na selección das fariñas, e ata o envío final á túa casa. É un pan tradicional galego, de codia fina e crocante, textura firme e miga esponxosa.
Ademais, posúe unha capacidade excelente para conservar as súas propiedades. Por este motivo, animámosvos a que probedes este pan da montaña que se enviará o mesmo día que se enforna. Ao día seguinte, antes das 13.30 horas no teu domicilio, preservando todas as súas cualidades.
Poderás valorar un produto con orixe na Fonsagrada, elaborado polo persoal experto do obrador de O Pan de Iria, feito con moito esmero para ofrecernos o mellor pan. Para todos os amantes do bon pan galego, O Pan de Iria é unha panadería referente na zona.
Calificación Comentarios (0)