Esta empanada galega da montaña é exquisita. Feita con carne de Tenreira Galega Suprema das ganderías da Asociación de Gandeiros A Fonsagrada (ASGAFON), empregando as pezas máis tenras, preferentemente a agulla, e cortada manualmente en anacos pequenos. É o ingrediente de maior presencia nesta receita.
Tamén inclúe unha pequena proporción de touciño e chourizo doce, cebola e pemento vermello, ademais de aceite de oliva, viño e unha pizca de sal. E empregando para a masa unha coidadosa mestura de fariña de trigo e trigo do país, sen levadura.
Sae dos fornos da Fonsagrada logo do traballo artesán das mans expertas que forman o equipo da panadería de O Pan de Iria.
Dereita dende a montaña á túa casa!
Calificación Comentarios (0)