Lista de produtos da marca Muuhlloa

Muuhlloa

O quilómetro cero da cosmética galega

SOBRE NÓS

   Granxa Maruxa, en Monterroso, e Milhulloa, en Palas de Rei, son dúas iniciativas que estaban destinadas a atoparse. Non só por seren veciñas da comarca da Ulloa, senón porque a base que as impulsou hai xa vinte anos foi a mesma: a de recuperar granxas familiares que esmorecían para defender a viabilidade de proxectos sostibles e innovadores no medio rural; Milhulloa co cultivo de herbas aromáticas e medicinais, Granxa Maruxa co valor engadido do leite ecolóxico e coa fusión da gandaría coas artes.

     Era doado que as cinco mulleres que lideran estes proxectos se admirasen de xeito mutuo, pero no 2016 decidiron dar un paso máis e xuntar os seus coñecementos nun produto conxunto: a primeira cosmética ecolóxica galega elaborada con leite de vaca recén muxido. Con bagaxe en farmacia, bioloxía e no mundo empresarial, Marta e María Álvarez, Chusa Expósito, Carmela Valiño e Anxos Orgueira son Muuhlloa. O laboratorio co que traballan, situado no Carballiño, e as empresas coas que colaboran, rurais e con base en en Galicia, fan que todo quede na casa, aínda que os seus produtos cheguen ben lonxe!

     Primeiro foi un leite corporal con oleato de milfollas, a planta idónea para rexenerar a pel. Despois veu unha loción capilar inspirada nas receitas de Hildegarda de Bingen, esa monxa renana do século XII considerada a primeira feminista da historia, e que está elaborada a base de estruga, romeu, salvia, buxo e pemento de Padrón. O último foi unha crema facial rexeneradora con leite, oleato, alga, sidra e cera de abella. Muuhlloa conxuga o muu das vacas, o h das herbas e o nome dunha comarca onde está o quilómetro cero da cosmética galega, ou o que é o mesmo, da cosmética da natureza.

OS NOSOS PRODUTOS

Cosmetica ecolóxica

Leite corporal - Muuhlloa

Muuhlloa
19004003
15,00 €
200 ml. O leite corporal Muuhlloa hidrata a túa pel de forma intensiva a través de ingredientes naturais e ecolóxicos. Favorece a produción de coláxeno. Pel suave e hidratada durante todo o día. Coida a pel con produtos naturais, sen ingredientes químicos nocivos.
Cosmetica ecolóxica

Crema facial - Muuhlloa

Muuhlloa
19004002
34,50 €
50 ml. A marca de cosmética galega Muuhlloa elaborou esta crema facial rexeneradora que coida a pel con ingredientes ecolóxicos e naturais. Achega luminosidade grazas aos seus ingredientes activos. Unha crema ecolóxica formulada con ingredientes 100 % naturais e galegos. Protexe a pel grazas ao seu efecto hidratante, rexenerador, reparador e antioxidante.
Cosmetica ecolóxica

Loción capilar densificadora - Muuhlloa

Muuhlloa
19004001
24,00 €
100 ml. A marca de cosmética galega Muuhlloa creou esta loción capilar densificadora para estimular e fortalecer o coiro cabeludo. Tratamento e coidado capilar natural. Protexe e estimula o coiro cabeludo. Formulada con ingredientes ecolóxicos, sen compostos químicos nocivos.
Mostrando 1-4 do 4 produto (s)
Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.