Embutidos naturais, elaborados como os chourizos caseiros que se fan nos pobos dos Ancares: a mellor carne de porco, allo, sal e pemento.
En Embutidos Suarna seguen os procesos artesanais para poder achegar á túa mesa uns chourizos con todo o sabor da receita tradicional. Os chourizos de Embutidos Suarna están elaborados con carne magra de porco e touciño de porco. Aderézanse con allo, sal e pemento (doce ou picante) para despois embutilos en tripa natural de porco. Átanse e cólganse para secar de forma natural, afumándoos con leña de carballo.
Este proceso respecta ao máximo as materias primas e o sabor dos chourizos caseiros. Enviamos os chourizos envasados ao baleiro, en bolsas de 4/5 unidades. Deste xeito, os chourizos poden conservarse durante máis tempo protexidos dos elementos externos que poden acurtar o seu tempo de consumo. A curación dos chourizos non se interrompe, polo que se queres uns chourizos máis curados e duros, podes sacalos da bolsa e colgalos nun lugar fresco no que non lles dea a luz.
Embutidos Suarna elabora os seus chourizos desde o ano 2001 no seu Taller Artesanal en Navia de Suarna, Comarca de Ancares, seguindo un proceso fiel á tradición e no que manda sempre a calidade. Se aos nosos avós e avoas lles dixesen que se podían comprar en liña chourizos dos Ancares e recibilos en calquera punto dunha forma rápida, non o crerían!
Calificación Comentarios (0)