Crema de mans e pés - Muuhlloa
Crema de mans e pés - Muuhlloa
Crema de mans e pés - Muuhlloa
Crema de mans e pés - Muuhlloa
Crema de mans e pés - Muuhlloa
Crema de mans e pés - Muuhlloa

Crema de mans e pés - Muuhlloa

75 ml.

A crema de mans e pés Muuhlloa hidrata a túa pel de forma intensiva a través de ingredientes naturais e ecolóxicos.

  • Favorece a produción de coláxeno.
  • Pel suave e hidratada durante todo o día.
  • Coida a pel con produtos naturais, sen ingredientes químicos nocivos.
Últimos artigos en stock
11,00 €
IVE incluido

Descrición

Unha crema de mans e pés elaborado realmente con leite, concretamente a crema de mans e pés Muuhlloa, está elaborada cun 40 % de leite ecolóxico producido en Granxa Maruxa de Monterroso.Esta base láctea combínase con oleato e auga floral de Milenrama cultivados por Milhulloa en Palas de Rei.

O oleato de Milenrama achega as propiedades da planta a este leite corporal: purifica a pel e axuda a que cicatrice mellor ou se rexenere máis rápido.

Todos os ingredientes utilizados son de produción ecolóxica e contan coa correspondente certificación, que garante a ausencia de químicos e substancias nocivas para a saúde.

O uso frecuente desta crema de mans estimula a produción de coláxeno e axuda a mellorar a hidratación natural da pel. Só tes que aplicalo, preferiblemente tras a ducha, para esquecerte da sensación de tirantez ou da secura da forma máis natural.

A crema de mans Muuhlloa, do mesmo xeito que toda a gama de produtos da marca, nace da colaboración de dúas empresas que apostaron pola innovación e a diferenciación no ámbito rural da provincia de Lugo: Milhulloa e Granxa Maruxa. Ambos proxectos están dirixidos por mulleres e desenvolven as súas operacións na Comarca da Ulloa. Desde alí reafirman cada día o seu compromiso coa sustentabilidade, a produción local e o desenvolvemento das zonas rurais.

Detalles do produto

19004005
2 elementos:

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

Calificación Comentarios (0)

Os/as clientes que compraron este produto tamén compraron:

4 outros produtos na mesma categoría:

Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.