A crema facial Muuhlloa foi elaborada a partir de ingredientes cultivados ou extraídos do mar ou da terra en Galicia. Ingredientes naturais que foron seleccionados polas súas propiedades activas, que achegan elasticidade e luminosidade á pel.
Un produto innovador, elaborado con compoñentes da máxima calidade, que nace da colaboración de dúas empresas de ámbitos moi diferentes da Comarca da Ulloa. Desde Granxa Maruxa achegan o leite de vaca ecolóxico, que se converte nun dos ingredientes principais desta crema facial rexeneradora. Desde Milhulloa faise a investigación dos ingredientes activos, tales como o hidrato e o oleato de Milenrama, ou o aceite esencial de Romeu. A fórmula combina tamén vitamina E, extracto de sidra de Ribela e extracto de alga do Mar de Ardora.
O resultado é unha crema facial para aplicar en rostro e pescozo, que se funde coa pel deixando unha sensación agradable.
Recoméndase realizar un suave e relaxante masaxe en pequenos movementos circulares. Este sinxelo truco de aplicación garante a completa absorción dunha crema facial rexeneradora que realza a beleza natural da pel.
Calificación Comentarios (0)