Este queixo cremoso de Arqueixal está rexistrado dentro da Denominación de Orixe Protexida de Arzúa-Ulloa. É un queixo de pasta branda, cunha cortiza fina, limpa e elástica de cor amarela. Os pequenos ollos que se distribúen de forma irregular pola súa pasta danlle unha textura esponxada.
Un queixo galego de acidez media/baixa, sabor suave e leves matices a vainilla, nata e noces. Para a súa conservación recoméndase envolvelo nunha tea de fibras naturais (que permita a transpiración) e mantelo a unha temperatura entre os 6º C e os 8º C. Para que alcance a temperatura ideal para o seu consumo, recoméndase sacalo do frigorífico cunha hora de antelación.
O leite que se utiliza para a elaboración deste queixo cremoso procede da Granxa Arqueixal, na que 35 vacas pastan en liberdade e producen leite orgánico e saudable. A mellor materia prima para conseguir un queixo exquisito que conta coa certificación do CRAEGA (Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia).
Enviamos este queixo cremoso en transporte refrixerado para que chegue ao teu domicilio nunhas condicións óptimas. Arqueixal é unha granxa familiar de Palas de Rei, na Comarca da Ulloa, que co seu traballo diario promove un medio rural sostible desde o punto de vista ecolóxico, económico e social.
Calificación Comentarios (0)