Este é un prato especial que encanta polo seu sabor e sinxeleza, con pouca graxa, suave e zumarento. A Tenreira Galega procede das ganderías familiares da Asociación de Gandeiros A Fonsagrada (Lugo), así como as patacas cocidas. É un prato ideal para gozar en casa porque gusta a toda a familia.
Cocíñase de maneira tradicional e envíase envasado en atmosfera protectora, sen ningún tipo de conservante nin aditivo, podendo gardarse na neveira para ser consumido en 7 días sen perder ningunha das súas propiedades. O envío realízase a través de transporte refrixerado.
Dende A Fonsagrada encargámonos de cociñar para ti, só tes que quentar e... bo proveito!
____
Valores nutricionais por cada 100 gramos:
Enerxía |
559 KJ / 134 Kcal |
Graxas totais |
7,30 g |
das cales saturadas |
2,16 g |
Hidratos de carbono |
4,21 g |
dos cales azucres |
1,11 g |
Proteínas |
12,80 g |
Sal |
1,41 g |
Calificación Comentarios (0)