Este prato elabórase directamente coa carne de Asgafon, a Asociación de Gandeiros A Fonsagrada, formada por ganderías tradicionais desta rexión da provincia de Lugo recoñecidas pola súa calidade. O resto de ingredientes proceden tamén destes mesmos agricultores, garantindo o seu sabor de sempre.
Cocíñase de forma caseira e recibiralo envasado en atmosfera protectora, sen ningún tipo de conservante nin aditivo, podendo gardarse na neveira para ser consumido en 7 días sen perder ningunha das súas propiedades.
Nós encargámonos de cociñar esta deliciosa tenreira para ti, só tes que quentar e... bo proveito!
____
Valores nutricionais por cada 100 gramos:
Enerxía |
559 KJ / 134 Kcal |
Graxas totais | 7,30 g |
das cales saturadas | 2,16 g |
Hidratos de carbono |
4,21 g |
dos cales azúcares | 1,11 g |
Proteínas | 12,8 g |
Sal | 1,41 g |
Calificación Comentarios (0)