Lista de produtos da marca O pan de Iria

O PAN DE IRIA

O Pan de Iria, empanadas e pan

SOBRE NÓS

Tamara Álvarez e Javier Gómez, dous veciños da localidade asturiana veciña dos Oscos, decidiron apostar pola tradición e mudarse a vivir á Fonsagrada xunto coa súa filla Iria collendo o relevo dunha panadería local; así foi como en xullo do 2015 botou a andar O Pan de Iria chegando a ser hoxe en día unha panadería de referencia en toda a zona.

Gardando a tradición deste oficio e empregando os catro ingredientes principais para elaborar masa de pan, como son: masa nai, unha coidada selección de fariñas de trigo e centeo, auga e sal, conseguen un produto saboroso e de calidade recoñecida polos usuarios que trae un recordo ó pan da casa ou pan do país como se lle chama nesta zona de A Fonsagrada.

Este pan tradicional galego caracterízase por presentar unha codia fina e crocante, textura firme e miga esponxosa que garda o seu sabor e frescura durante un par de días.

Pero, non só do pan vive O Pan de Iria, senón que elaboran no seu obradoiro empanadas de diferentes tipos: atún, liscos, tenreira... dispoñibles os xoves e con entrega garantida os venres antes das 13.30 horas nos seus fogares, preservando todas as súas cualidades.

Tamén son especialistas en tartas, pasteis e galletas que venden na súa panadería e cafetería, polo que para probalo nada mellor que achegarse á Fonsagrada e degustalo.

OS NOSOS PRODUTOS

Pan e empanadas

Empanada da montaña - O Pan de Iria

52000001
19,80 €
Empanada de Tenreira Galega Suprema ASGAFON, panceta de porco e chourizo. 1 unidade de 800-900 gramos. Ingredientes de calidade, sen conservantes nin aditivos. A empanada da montaña envíase só os xoves, o mesmo día da súa preparación.
Pan e empanadas

Pan de trigo galego - O Pan de Iria

O pan de Iria
52000000
5,88 €
Pan galego elaborado cunha coidada mestura de fariñas de trigo, trigo do país e centeo. Elaborado no forno tradicional de O Pan de Iria, na Fonsagrada. Elaboración artesanal e forneado diario. Non se empregan levaduras nin conservantes. Peso aproximado 1 kilogramo.
Pan e empanadas

Mini empanada galega diferentes recheos - O Pan de Iria

O pan de Iria
52000003
12,50 €
Empanada de 600 gramos aproximadamente. Preparada con ingredientes de calidade, sen conservantes nin aditivos. Esta miniempanada envíase preferentemente os xoves, nada máis saír do forno, e o venres terala na túa casa lista para degustar.
Pan e empanadas

Empanada de lacón con grelos- O Pan de Iria

O pan de Iria
52000004
26,07 €
Todo o sabor e sustancia do noso auténtico "lacón con grelos" en forma de empanada. Sinxela receita pero con ingredientes de máxima calidade. Esta empanada de lacón con grelos cócese e envíase os xoves. O venres estará na túa casa lista para papala! Os pedidos deben realizarse coa suficiente antelación para garantir os tempos necesarios de preparación do...
Mostrando 1-3 do 3 produto (s)
Produto engadido á lista de desexos

Utilizamos cookies propias para o correcto funcionamento da web e do seu servizo. Os de terceiros para coñecer mellor o tráfico da nosa web.