Descobre os tés ecolóxicos de Mihulloa, cunha variedade diferente para cada momento.
Utiliza o selector para engadir á túa cesta da compra a variedade de té ecolóxico Milhulloa que desexas.
- Té verde ecolóxico ( Gunpower). Elaborado con follas frescas deshidratadas. Bolsa de 85 gramos.
- Té vermello ecolóxico ( Pu- Erh). Elaborado con folla fermentada e madurada ata 20 anos. Bolsa de 75 gramos.
- Té negro ecolóxico ( Congou). Das variedades que traballan en Milhulloa é o que ten unha achega maior de teína. As follas déixanse marchitar ao aire e despois ferméntanse. Bolsa de 85 gramos.
- Té moruno ecolóxico. Unha mestura de té verde e hortelá que te transportará a Oriente. Bolsa de 85 gramos.
- Té especiado ecolóxico. Té verde con cardamomo, canela, jengibre e cravo. Bolsa de 75 gramos.
- Té Roiboos ecolóxico. Sen cafeína. Bolsa de 85 gramos.
Como che recomendamos que prepares un té ecolóxico de Milhulloa?
Pon a auga a ferver e cando comece a ebulición, apaga o lume e engade unha culler do teu té preferido. Deixa repousar uns minutos, coa e serve nunha cunca.
Milhulloa produce os seus tés na Comarca da Ulloa, en Palas de Rei, apostando por unha produción ecolóxica e de proximidade. No caso das variedades que non poden producir en Galicia, impórtanas directamente dos lugares onde se producen, garantindo sempre a súa procedencia de cultivo ecolóxico.
Calificación Comentarios (0)