A Carqueixa

Brazuelo de Tenreira Galega Suprema

Desde 22,90 €

/ kg

IVE incluído

O chamado brazuelo de tenreira é a parte superior da extremidade dianteira da tenreira, situada por riba do xarrete.

Peza moi xelatinosa e saborosa.

Envío refrixerado

Temperatura controlada

Envasado ao baleiro

Bolsas herméticas

Envío a domicilio

En toda a península

Descripción

É unha carne das chamadas xelatinosas, bastante magra, con menos nervios que o xarrete, graxa e saborosa ao padal; perfecta para asar ou guisar.

Toda a carne que vendemos en O Sabor dos Ancares procede de pequenas explotacións familiares da serra dos Ancares, na provincia de Lugo.

O manexo do gando faise de maneira tradicional, poucos animais (unha media de 20 vacas por familia), criados en liberdade e cunha alimentación completamente natural. As nais  aliméntanse de herba e os tenreiros de leite materno (mínimo até os 8 meses), cereais, patacas, remolacha… Por iso poderás gozar do auténtico sabor da carne de tenreira.

Recibirás todos os produtos envasados ao baleiro e coa súa etiqueta de trazabilidade e consumo preferente, acompañada da etiqueta de Tenreira Galega Suprema; selo de calidade que garante ademáis da procedencia, a calidade dos nosos tenreiros: animais de entre 8 e 10 meses, criados en liberdade e alimentados de maneira natural.

 

CONDICIÓNS DE CONSERVACIÓN:  entre 0º e 7º C.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Brazuelo de Tenreira Galega Suprema”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Coñece ao produtor

Detrás deste produto

A Carqueixa (O sabor dos Ancares)
Cervantes

Carne dos Ancares criada en liberdade, tradición familiar, sustentabilidade real e sabor único directo do rural á túa mesa sen intermediarios.