Caixa individual – Club Son de Lugo

39,40 

/ caixa ao mes

IVE incluído

Unha selección sorpresa de 4 ou 5 produtos artesáns da provincia de Lugo, pensada para unha persoa. Descubre novos sabores cada mes e coñece as pequenas producións que os fan posibles. Envío refrixerado incluído e sen permanencia.

Envío refrixerado

Temperatura controlada

Envasado ao baleiro

Bolsas herméticas

Envío a domicilio

En toda a península

Descripción

A caixa individual do Club Son de Lugo é a maneira máis sinxela de descubrir cada mes novos produtos elaborados por pequenos produtores e produtoras da provincia.

Dentro atoparás unha selección sorpresa de 4 ou 5 produtos locais, escollidos segundo a tempada e a dispoñibilidade de cada obradoiro. Pode incluír embutidos, carne, pan, conservas, mel, marmeladas, zumes, cervexas artesás, doces ou produtos frescos.

Cada caixa é diferente. Seleccionamos produtos artesáns, feitos con materias primas de calidade e ligados a un lugar, unha familia e unha forma de traballar. Produtos que poucas veces atoparás nun supermercado e cun valor superior ao prezo da subscrición.

É a opción perfecta para unha persoa que queira probar novos sabores, coñecer pequenos produtores e apoiar outra maneira de producir e consumir.

Que inclúe a caixa individual?

  • 4 ou 5 produtos diferentes cada mes.
  • Produtos artesáns e de tempada da provincia de Lugo.
  • Unha selección cun valor superior ao prezo da caixa.
  • Envío refrixerado incluído.
  • Adaptación a intolerancias e preferencias alimentarias.
  • Subscrición sen permanencia.

A primeira caixa chegará nun prazo aproximado de dez días. Despois recibirás unha nova selección durante a primeira semana de cada mes. Podes cancelar a subscrición cando queiras.

Indícanos durante a compra se non consumes carne, alcohol ou glute, ou se tes algunha alerxia ou intolerancia. Prepararemos a selección tendo en conta as túas necesidades.

Cada mes abres unha caixa distinta. Cada produto permíteche descubrir un sabor, un territorio e as persoas que o fan posible.

Tamén che pode gustar

Máis Cestas e agasallos