A Carqueixa

Carne para asar sen óso Tenreira Galega Suprema

Desde 22,90 

/ kg

IVE incluído

A carne de asar é aquela que se emprega en guisos, asados ou ragout. Seleccionamos os mellores cortes da tenreira para que desfrutes dos teus guisos.

Podes elixir o tipo de corte que prefiras e o tipo de envasado que mellor se che adapte.

Envío refrixerado

Temperatura controlada

Envasado ao baleiro

Bolsas herméticas

Envío a domicilio

En toda a península

Descripción

Enviarémosche cortes como a espaldilla, carne sen nervios excepto un xelatinoso na parte central; redondo, é un corte con pouca graxa e case ningún nervio; xarrete, carne magra, melosa e con moita fibra ou agulla, parte posterior do pescozo cunha textura perfecta para asar ou guisar.

Calquera destes cortes son ideais para cociñar ao forno, con salsa ó no seu zume. Perfecto para prepara unha saudable e deliciosa receita tradicional ou innovadora.

Recibirás a carne de asar envasada ao baleiro para que a poidas conservar nesa embalaxe durante uns días na neveira, pero se o consumo non é inminente, podes conxelala tamén nese mesmo envase. A carne de tenreira non perde propiedades ao ser conxelada, polo que estes manterán toda a tenrura.

A carne de asar de O sabor dos Ancares, do mesmo xeito que o resto da carne que vendemos na nosa web, conta co o selo de Tenreira Galega Suprema. Este selo certifica a calidade da carne, pero tamén a súa orixe: animais de entre 8 e 10 meses, criados en liberdade e alimentados de maneira natural.

O coidado e benestar animal, xunto á contorna natural na que viven (pequenas familias gandeiras na Serra de Ancares, en Galicia), garante un sabor único.

O auténtico sabor da boa carne.

 

CONDICIÓNS DE CONSERVACIÓN:  entre 0º e 7º C.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Carne para asar sen óso Tenreira Galega Suprema”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Coñece ao produtor

Detrás deste produto

A Carqueixa (O sabor dos Ancares)
Cervantes

Carne dos Ancares criada en liberdade, tradición familiar, sustentabilidade real e sabor único directo do rural á túa mesa sen intermediarios.