Directo de Lugo á Túa casa
Únete ao Club Son de Lugo
Cada mes, o mellor dos pequenos produtores da provincia de Lugo na túa casa. Non compras unha caixa de produtos. Formas parte dunha comunidade que fai posible outro xeito de consumir. Faremos o cargo na túa tarxeta 10 días antes de enviala.
Que é isto e como funciona?
Cada mes, unha caixa chea de sabor, territorio e persoas.
Descubre os mellores produtos dos pequenos produtores e produtoras da provincia de Lugo, directamente na túa casa.
Produtos de tempada, artesáns e locais seleccionados cada mes para sorprenderte, apoiar o rural e gozar dunha compra máis consciente.
Sen permanencia. Sen complicacións. Só bos produtos e impacto positivo.

Quen está detrás
Os nosos produtores
Familias e obradoiros da provincia de Lugo que traballan cada día para levar o mellor da terra á túa mesa.
- Perfecta para 1 persoa
- 4-5 produtos cada mes
- Envío refrixerado incluído
- Para 2-3 persoas
- 8-10 produtos cada mes
- Envío refrixerado incluído
- Para toda a familia
- 12+ produtos cada mes
- Enche a despensa con produtos locais
Cada caixa é unha sorpresa. Sempre diferente!
- Produtos locais da provincia de Lugo.
- Unha selección diferente cada mes.
- Produtos artesáns e de tempada.
- Produtos de valor superior ao prezo da caixa.
- Carne, embutidos, pan, conservas, mel, marmeladas, zumes, cervexas artesás, empanadas... e produtos frescos se a tempada o permite.
Sabemos que cada persoa é diferente.
A nosa selección adoita incluír carne ou embutidos, pero queremos que desfrutes da experiencia.
Se non consumes carne, alcohol, glute ou tes algunha intolerancia ou alerxia, indícanolo no momento da compra e prepararemos a túa caixa adaptándoa ás túas necesidades.

Como funciona?
Subscríbete
Escolle o tamaño da túa caixa. Cada mes prepararemos para ti unha selección sorpresa de produtos de pequenos produtores da provincia de Lugo. Sempre recibirás unha caixa cun valor superior ao prezo da túa subscrición.
Recíbea na casa
A primeira caixa chegará nun prazo aproximado de 10 días. A partir dese momento recibirás unha nova caixa durante a primeira semana de cada mes. O cobro realizarase automaticamente na última semana de cada mes. Sen permanencia. Podes cancelar cando queiras.
Goza... e cambia a forma de consumir
Abre a caixa. Descubre novos sabores. Coñece novos produtores. E disfruta da tranquilidade de saber que cada compra está axudando a fortalecer o rural da provincia de Lugo.
Cada mes, unha caixa chea de sabor
Enviámosche unha selección de produtos da terra directamente a túa porta. Sen intermediarios, sen présa.
Aínda tes dúbidas?
Que produtos podo recibir?
A selección cambia todos os meses segundo a tempada e a dispoñibilidade dos produtores. Poderás recibir carne, embutidos, pan, empanadas, conservas, mel, marmeladas, queixos, zumes, cervexas artesás, doces, produtos frescos e moitas outras sorpresas.
Sempre recibirei os mesmos produtos?
Non. Precisamente un dos atractivos da subscrición é descubrir novos produtos e pequenos produtores cada mes.
Podo cancelar cando queira?
Si. A subscrición non ten permanencia. Podes cancelala cando queiras antes do seguinte ciclo de facturación.
Podo indicar preferencias alimentarias?
Si. Indícanos nos comentarios do teu primeiro pedido se non consumes carne, alcohol, glute ou tes algunha intolerancia ou alerxia para adaptar a túa caixa.
Cando recibirei a caixa?
A primeira nun prazo aproximado de 10 días desde a subscrición. As seguintes entregaranse durante a primeira semana de cada mes.