Descripción
A caixa familiar do Club Son de Lugo reúne cada mes unha gran selección de produtos da provincia para compartir na casa e encher a despensa con alimentos de calidade.
Inclúe máis de 12 produtos diferentes, escollidos entre pequenas granxas, obradoiros, panadarías e proxectos artesáns de toda a provincia de Lugo. É a opción pensada para familias ou fogares que queren incorporar con regularidade produtos locais á súa alimentación.
Cada entrega cambia segundo a tempada e o traballo dos produtores. Na caixa poderás atopar carne, embutidos, pan, empanadas, conservas, mel, marmeladas, queixos, zumes, cervexas artesás, doces, produtos frescos e outras elaboracións difíciles de atopar fóra do seu lugar de orixe.
Os produtos non proceden dunha cadea de produción anónima. Detrás de cada un hai unha familia, unha marca e un territorio concreto. Persoas que producen con tempo, oficio e respecto pola súa contorna.
Que inclúe a caixa familiar?
- Máis de 12 produtos diferentes cada mes.
- Unha selección ampla pensada para toda a familia.
- Produtos artesáns, locais e de tempada.
- Un valor total superior ao prezo da caixa.
- Produtos frescos cando a tempada o permite.
- Adaptación a intolerancias e preferencias alimentarias.
- Subscrición sen permanencia.
A primeira caixa chegará nun prazo aproximado de dez días. A partir de aí recibirás unha nova selección durante a primeira semana de cada mes. Podes cancelar a subscrición cando queiras.
Indícanos no momento da compra se na casa non consumides carne, alcohol ou glute, ou se existe algunha alerxia ou intolerancia. Prepararemos a caixa tendo en conta as vosas necesidades.
Coa caixa familiar recibides máis ca unha compra mensual. Descubrides novos alimentos, apoiades directamente os pequenos produtores e axudades a manter vivo o rural da provincia de Lugo.
