A Carqueixa

Rabo de Tenreira

18,35 

/ unidade

IVE incluído

O rabo de tenreira é unha peza con un gran valor culinario, moi xelatinoso e con moito sabor.

O xeito tradicional e natural no que se crían os nosos animais, garante un sabor e textura únicos.

Enviaremos o rabo en anacos ou nunha única peza, envasado ao baleiro, con un peso aproximado por unidade de 700g.

Envío refrixerado

Temperatura controlada

Envasado ao baleiro

Bolsas herméticas

Envío a domicilio

En toda a península

Descripción

O rabo de tenreira  corresponde coas vértebras finais da columna vertebral da tenreira.

Falamos dunha carne moi xelatinosa, melosa, non moi magra pero cun sabor e aroma intenso, ideal para guisar ou estofar.

Enviamos o rabo de Tenreira envasado ao baleiro, cortado en anacos (pola xunta) ou nunha única peza. Poderás conservalo na neveira durante unha semana despois de ter recibido o pedido ou conxelalo na mesma bolsa na que cho mandamos , xa que a carne de tenreira non perde propiedades no conxelador.

A nosa xentión é 100% responsable co  medio e cos nosos animais, marcados co selo de Tenreira Galega Suprema,  que garante a calidade da carne e a súa procedencia (animais de entre 8 e 10 meses criados en liberdade nos Ancares).

Mercando os nosos produtos estás contribuíndo a un rural vivo na comarca dos Ancares.

 

CONDICIÓNS DE CONSERVACIÓN:  entre 0º e 7º C.

 

 

 

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Rabo de Tenreira”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Coñece ao produtor

Detrás deste produto

A Carqueixa (O sabor dos Ancares)
Cervantes

Carne dos Ancares criada en liberdade, tradición familiar, sustentabilidade real e sabor único directo do rural á túa mesa sen intermediarios.