A Carqueixa

Corazón de Tenreira

11,35 

/ unidade

IVE incluído

Corazón de tenreira galega suprema.

Enviarémosche o corazón de tenreira de O sabor dos Ancares por unidades de aproximadamente 850 g, en peza enteira ou fileteado listo para cociñar.

Envío refrixerado

Temperatura controlada

Envasado ao baleiro

Bolsas herméticas

Envío a domicilio

En toda a península

Descripción

O corazón de tenreira é unha marabillosa fonte de nutrientes, moi beneficioso para a saúde, con alto contido en ferro e en vitaminas B12,B5. Cada 100 gramos deste alimento, contén 17 gramos de proteínas e 4 gramos de graxa, non contén carbohidratos, achegando 104 calorías á dieta.

Recomendado para deportistas,  para mulleres embarazadas ou en período de lactación e para calquera persoa que lle guste coidar a súa dieta.

Esta deliciosa carne magra ten un sabor e unha textura moi similar ao bistec e adáptase ben a calquera condimento ou adobo.

É un alimento moi versátil que poderás cociñar á prancha, empanado, nun rico guiso, ao viño…

Chegou o momento de incorporar corazón á túa dieta!

O sabor e a calidade deste produto de tenreira é froito dun proceso de cría e alimentación tradicional e en liberdade. Os nosos cooperativistas xestionan as súas explotacións gandeiras na comarca dos Ancares, co saber facer e a experiencia de varias xeracións. A alimentación dos nosos tenreiros é a base de leite das súas nais, complementada con produtos naturais como as patacas ou a remolacha.

 

CONDICIÓNS DE CONSERVACIÓN:  entre 0º e 7º C.

 

 

 

 

 

 

 

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Corazón de Tenreira”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Coñece ao produtor

Detrás deste produto

A Carqueixa (O sabor dos Ancares)
Cervantes

Carne dos Ancares criada en liberdade, tradición familiar, sustentabilidade real e sabor único directo do rural á túa mesa sen intermediarios.