Panadería Fraga

Empanada galega de liscos

23,90 

/ unidade

IVE incluído

Empanada galega de liscos (touciño entrefebrado e chourizo), elaborada seguindo a receita tradicional da Panadería Fraga de Palas de Rei.

  • Sen conservantes nin aditivos. Elaboración artesanal.
  • Enviada recén feita, para que desfrutes de todo o seu sabor.
  • Consumir en frío ou quentala durante uns minutos no forno.

1 unidade de 900g aprox.

Envío a domicilio

En toda a península

Descripción

As claves para conseguir unha empanada de liscos de categoría son moi simples: calidade dos ingredientes e respecto pola tradición desta receita típica do interior da provincia de Lugo.

Para o recheo da empanada de liscos utilízanse produtos típicos da zona, como o touciño entrefebrado de porco, o chourizo, a cebola ou o pemento vermello. Engádese aceite de oliva e sal. A masa elabórase de forma artesanal, con fariña, auga, fermento e lévedo.

Desde Son de Lugo esmerámosnos por enviarche os produtos máis frescos e por coidar a loxística para que os recibas nunhas condicións óptimas. A empanada de liscos envíase recén sacada do forno, para que en poucas horas a teñas no teu domicilio.

Na provincia de Lugo temos grandes fornos de pan e empanadas tradicionais, como o da Panadería Fraga, en Palas de Rei. Os seus propietarios levan elaborando pan e empanadas máis de corenta anos e este saber facer nótase no sabor e na calidade dos produtos que saen do seu forno.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Empanada galega de liscos”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Coñece ao produtor

Detrás deste produto

Panadería Fraga
Palas de Rei

Panadería Fraga elabora pan artesán con fariña do país, fermentación lenta e o saber herdado de quen entende o pan como un produto vivo.