Panadería Fraga

Pan de trigo autóctono galego

4,64 

/ unidade

IVE incluído

Pan tradicional de fariña de trigo autóctono. Elaborado no forno tradicional da Panadería Fraga de Palas de Rei.

  • Enviamos o pan recén feito e nunhas horas está no teu domicilio.
  • Elaboración tradicional, con todo o sabor do pan de verdade.
  • Peso aprox. 1 kg.

Envío a domicilio

En toda a península

Descripción

Pan de trigo autóctono feito con corazón, da nosa terra e elaborado de forma artesanal. Na Panadería Fraga elaboran pan de verdade, co sabor e a textura da tradición.

A súa receita ten moi poucos ingredientes: fariña seleccionada de trigo autóctono, fermento, lévedo, auga e sal. Sen conservantes nin aditivos, só ingredientes naturais.

Para conseguir estas bolas de pan de trigo autóctono galego, séguese un minucioso proceso de amasado e repouso, respectando os tempos que necesita a receita, como se viña facendo o pan xeración tras xeración.

Podes comprar en liña pan de trigo autóctono galego en Son de Lugo, indicándonos co selector se prefires pezas de 500 gramos ou de 1 quilogramo. Enviarémoscho recén sacado do forno, para que en poucas horas poidas gozalo xa no teu domicilio.

No obradoiro que ten a Panadería Fraga en Palas de Rei, levan máis de corenta anos facendo pan e empanadas. Toda unha vida conservando as receitas e os procesos tradicionais para conseguir o mellor pan.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Pan de trigo autóctono galego”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Coñece ao produtor

Detrás deste produto

Panadería Fraga
Palas de Rei

Panadería Fraga elabora pan artesán con fariña do país, fermentación lenta e o saber herdado de quen entende o pan como un produto vivo.