Ribeiregas

Paté de pemento Muhammara

6,50 

/ unidade

IVE incluído

Un paté inspirado na muhammara, a salsa de pemento e noces orixinaria de Siria que conquistou as mesas de medio mundo. Un untable intenso e con personalidade propia.

  • 65 % de pemento: sabor potente e cor vibrante
  • Receita de inspiración internacional con ingredientes de proximidade
  • Versátil: para untar, como salsa ou como acompañamento de carnes e verduras

250 ml.

Hai existencias

Envío a domicilio

En toda a península

Descripción

A muhammara é un dos grandes clásicos da cociña de Oriente Medio. Unha pasta elaborada a base de pemento asado e noces que se usa como paté, como salsa ou como untable e que destaca polo seu sabor con notas afumadas.

A Cooperativa Ribeira do Navia tomou esa receita tradicional como punto de partida e creou a súa propia versión con ingredientes de calidade producidos na provincia de Lugo.

Cun 65 % de pemento como base, completado cun 20 % de noces, aceite de oliva e un 5 % de especias, este paté ten corpo e ten textura.

Úntase en pan ou torradas, acompaña á perfección carnes á prancha, verduras asadas e queixos, ou simplemente serve como salsa para engadir profundidade a calquera prato. Un produto que abre horizontes na despensa.

Elaborado pola Cooperativa Ribeira do Navia en Negueira de Muñiz, no val do Navia, un territorio de aldeas pequenas e paisaxes exuberantes onde a tradición do aproveitamento dos recursos locais segue viva. Esta cooperativa aposta por dar valor engadido aos produtos da contorna mediante elaboracións artesanais coidadas e receitas que sorprenden.

Coñece ao produtor

Detrás deste produto

Ribeiregas conservas
Negueira de Muñiz

Ribeiregas elabora alimentos ecolóxicos e artesáns na alta montaña lucense, defendendo a terra, a vida rural e o territorio.