Muuhlloa

Bálsamo labial reparador

10,00 

/ unidade

IVE incluído

O primeiro cosmético formulado con flor de grelo: un bálsamo labial 100 % natural que repara, hidrata e protexe os labios grazas á unión da flor de grelo ecolóxica de Milhulloa e o mel crúa de alta montaña de Savoral.

  • 100 % natural e ecolóxico, formulado coa exclusiva flor de grelo
  • Propiedades reparadoras, antibacterianas e antioxidantes
  • Lata práctica e bonita, ideal para levar contigo ou para agasallar

15 ml.

Envío a domicilio

En toda a península

Descripción

Coidamos o rostro con esmero pero esquecemos moitas veces os labios, unha pel tan fina coma delicada que se resente decontado co frío do inverno ou co sol forte do verán. Para devolverlles a suavidade e a saúde nace o Bálsamo Labial Reparador de Muuhlloa, un cosmético 100 % natural pensado para repararlos e facer que se sintan coma novos nun só xesto.

A súa fórmula combina a flor de grelo ecolóxica de Milhulloa (sendo este o primeiro cosmético elaborado con este ingrediente) coa mel crúa de alta montaña de Savoral, unha unión que lle confire propiedades reparadoras, antibacterianas e antioxidantes. Abonda con aplicar unha pequena cantidade a diario para mantelos protexidos, ou unha capa algo máis grosa antes de durmir para un tratamento intensivo durante a noite. Vén nunha lata tan coidada coma práctica, perfecta para levar no bolso ou para agasallar, soa ou xunto con outros cosméticos naturais Muuhlloa.

Este bálsamo elabórase en Galicia, en Monterroso, no corazón da comarca da Ulloa. Cosmética Muuhlloa nace precisamente da sinerxía entre dous proxectos profundamente enraizados nesta terra: Granxa Maruxa, dedicada á gandería ecolóxica, e Milhulloa S.C.G., que cultiva plantas aromáticas e medicinais baixo agricultura biolóxica. Desa unión entre o coidado do gando e o cultivo da terra ulloesa nacen ingredientes coma a flor de grelo, que despois se transforman en cosmética natural certificada, mantendo en cada produto a esencia do rural galego do que proceden.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Bálsamo labial reparador”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Coñece ao produtor

Detrás deste produto

Muuhlloa
Monterroso

Muuhlloa une leite ecolóxico, plantas medicinais e talento rural para crear cosmética galega natural, sostible e con raíz na Ulloa.

Tamén che pode gustar

Máis Cosmética ecolóxica