A Carqueixa

Entraña de Tenreira Galega Suprema

Desde 22,00 

/ kg

IVE incluído

A entraña é un delicioso corte de carne de tenreira típico da Arxentina e tamén do Uruguai.

Situada na parte interna do costelar da tenreira (o músculo do diafragma), é un corte bastante descoñecido pero que te sorprenderá agradablemente polo seu profundo sabor.

Envío refrixerado

Temperatura controlada

Envasado ao baleiro

Bolsas herméticas

Envío a domicilio

En toda a península

Descripción

A entraña de tenreira é unha peza dunha cor máis escura do que estamos afeitos a ver na carne de tenreira.

Está cuberta por unha membrana ou pel grosa por ambos lados que axuda a manter os zumes da carne, sobre todo se a cociñas á grella.

A entraña de O sabor dos Ancares, ao igual que ou resto da carne que vendemos na nosa web, ten o selo de Tenreira Galega Suprema. Este selo certifica a calidade da carne, pero tamén as súa orixe: animais de entre 8 e 10 meses, criados en liberdade e alimentados de xeito natural.

O coidado e benestar animal, xunto ao entorno natural no que viven (pequenas familias gandeiras na Serra de Ancares, en Galicia), garante un sabor único.

O auténtico sabor da boa carne.

Enviamos todos os nosos produtos en bolsas, envasados ao baleiro; poden conservarse na neveira durante aproximadamente unha semana (sempre e cando non se abra a bolsa). Se o consumo da carne non vai ser nos días seguintes a recibir o pedido, podes conxelar directamente na embalaxe na que van protexidos (unha bolsa ao baleiro), porque así aguantan máis tempo sen perder sabor nin propiedades.

 

CONDICIÓNS DE CONSERVACIÓN:  entre 0º e 7º C.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Entraña de Tenreira Galega Suprema”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Coñece ao produtor

Detrás deste produto

A Carqueixa (O sabor dos Ancares)
Cervantes

Carne dos Ancares criada en liberdade, tradición familiar, sustentabilidade real e sabor único directo do rural á túa mesa sen intermediarios.