A Carqueixa

Hamburguesas de Tenreira

6,65 

/ unidade

IVE incluído

Son hamburguesas supremas, porque están feitas de carne de Tenreira Galega de calidade suprema, con allo (0,15%), sal (0,15%) e perexil (0,05%).

Se queres as túas hamburguesas de O sabor dos Ancares personalizadas, chámanos ou escríbenos no 618 59 02 73, e farémolas ao teu gusto.

Poderás comprar as nosas hamburguesas en packs de 2 unidades, cun peso aproximado de 125 g cada unidade.

Envío refrixerado

Temperatura controlada

Envasado ao baleiro

Bolsas herméticas

Envío a domicilio

En toda a península

Descripción

As hamburguesas de tenreira elevadas a outro nivel. Seleccionamos pezas de carne totalmente magra para facer as nosas hamburguesas supremas, isto dalles un bo equilibrio en canto a textura e sabor.

Podes comprar hamburguesas online e recibila directamente na túa casa, da forma máis cómoda: cun transporte refrixerado que garante a súa calidade. Enviamos as hamburguesas envasadas ao baleiro en bolsas que conteñen dúas unidades.

Sen abrir a bolsa, poden conservarse uns días na neveira, aínda que ao tratarse de carne picada, é recomendable que se non se vai a consumir na semana en que se recibe o pedido, sexa conxelada. As hamburguesas de tenreira, non perden sabor nin propiedades no conxelador.

As hamburguesas de tenreira, están feitas en Galicia con carne de calidade suprema, por iso teñen o selo de Ternera Gallega Suprema que certifica a procedencia galega e tamén que se trata de carne de animais criados en liberdade, alimentados con produtos naturais e de entre 8 e 10 meses.

A carne desta web, procede das explotacións de máis de 200 cooperativistas da zona de Os Ancares, que decidimos vender online a nosa carne de xeito directo, evitando os intermediarios. Deste xeito podemos ofrecer a máxima calidade ao consumidor, a un prezo xusto tanto para os consumidores como para nós, os gandeiros.

 

CONDICIÓNS DE CONSERVACIÓN:  entre 0º e 4º C.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Hamburguesas de Tenreira”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Coñece ao produtor

Detrás deste produto

A Carqueixa (O sabor dos Ancares)
Cervantes

Carne dos Ancares criada en liberdade, tradición familiar, sustentabilidade real e sabor único directo do rural á túa mesa sen intermediarios.