A Carqueixa

Chuleta de Tenreira Galega Suprema

Desde 25,95 

/ kg

IVE incluído

A chuleta de tenreira provén do lombo alto ou baixo do animal e é perfecta para cociñar volta e volta. Podes seleccionar o tipo de corte que prefiras:

  • Corte normal 350gr
  • Corte fino 250gr
  • Corte groso 450gr

Envío refrixerado

Temperatura controlada

Envasado ao baleiro

Bolsas herméticas

Envío a domicilio

En toda a península

Descripción

Podes comprar chuletas de tenreira online e recibilas cómodamente na túa casa, envasadas ao baleiro, listas para consumir ou mesmo para conxelar, porque a tenreira é unha carne que soporta moi ben o conxelado, sen perder as súas propiedades e sabor.

A través da nosa web podes comprar ata 5kg de chuletas de forma directa, pero se precisas unha cantidade maior, ponte en contacto con nós para xestionar o pedido.

Usos: A forma máis habitual de cociñar a chuleta de tenreira é á prancha. Este tipo de corte é un dos preferidos dos amantes da carne.

Para facer a chuleta á prancha perfecta, hai que ter en conta os gustos de cada comensal (crúa, ao punto, pasada…). Xogando co tempo que se mantén ao lume, poden conseguirse os diferentes acabados.

As chuletas poden conservarse durante aproximadamente unha semana na neveira, sempre e cando non se abra a bolsa ou non perdan o baleiro. Se as queres conservar durante máis tempo, recomendamos que as conxeles porque non perden sabor nin propiedades.

Toda a carnes que podes comprar a través da nosa web é de Ternera Gallega Suprema, é dicir, animais de entre 8 e 10 meses que están criados na Comarca dos Ancares (Galicia), pastando en liberdade e alimentados con produtos naturais (leite da súa nai e complementos como patacas e remolacha).

 

CONDICIÓNS DE CONSERVACIÓN:  entre 0º e 7º C.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Chuleta de Tenreira Galega Suprema”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Coñece ao produtor

Detrás deste produto

A Carqueixa (O sabor dos Ancares)
Cervantes

Carne dos Ancares criada en liberdade, tradición familiar, sustentabilidade real e sabor único directo do rural á túa mesa sen intermediarios.