Muuhlloa

Leite corporal

15,00 

/ unidade

IVE incluído

O leite corporal Muuhlloa hidrata a túa pel de forma intensiva a través de ingredientes naturais e ecolóxicos.

  • Favorece a produción de coláxeno.
  • Pel suave e hidratada durante todo o día.
  • Coida a pel con produtos naturais, sen ingredientes químicos nocivos.

200 ml.

Envío a domicilio

En toda a península

Descripción

Un leite corporal elaborado realmente con leite, concretamente o leite corporal Muuhlloa, está elaborada cun 40 % de leite ecolóxico producido en Granxa Maruxa de Monterroso.Esta base láctea combínase con oleato e auga floral de Milenrama cultivados por Milhulloa en Palas de Rei.

O oleato de Milenrama achega as propiedades da planta a este leite corporal: purifica a pel e axuda a que cicatrice mellor ou se rexenere máis rápido.

Todos os ingredientes utilizados son de produción ecolóxica e contan coa correspondente certificación, que garante a ausencia de químicos e substancias nocivas para a saúde.

O uso frecuente deste leite corporal Muuhlloa estimula a produción de coláxeno e axuda a mellorar a hidratación natural da pel. Só tes que aplicalo, preferiblemente tras a ducha, para esquecerte da sensación de tirantez ou da secura da forma máis natural.

O leite corporal Muuhlloa, do mesmo xeito que toda a gama de produtos da marca, nace da colaboración de dúas empresas que apostaron pola innovación e a diferenciación no ámbito rural da provincia de Lugo: Milhulloa e Granxa Maruxa. Ambos proxectos están dirixidos por mulleres e desenvolven as súas operacións na Comarca da Ulloa. Desde alí reafirman cada día o seu compromiso coa sustentabilidade, a produción local e o desenvolvemento das zonas rurais.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Leite corporal”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Coñece ao produtor

Detrás deste produto

Muuhlloa
Monterroso

Muuhlloa une leite ecolóxico, plantas medicinais e talento rural para crear cosmética galega natural, sostible e con raíz na Ulloa.