Muuhlloa

Crema facial rexeneradora

40,00 

/ unidade

IVE incluído

A marca de cosmética galega Muuhlloa elaborou esta crema facial rexeneradora que coida a pel con ingredientes ecolóxicos e naturais.

  • Achega luminosidade grazas aos seus ingredientes activos.
  • Unha crema ecolóxica formulada con ingredientes 100 % naturais e galegos.
  • Protexe a pel grazas ao seu efecto hidratante, rexenerador, reparador e antioxidante.

50 ml.

Envío a domicilio

En toda a península

Descripción

A crema facial Muuhlloa foi elaborada a partir de ingredientes cultivados ou extraídos do mar ou da terra en Galicia. Ingredientes naturais que foron seleccionados polas súas propiedades activas, que achegan elasticidade e luminosidade á pel.

Un produto innovador, elaborado con compoñentes da máxima calidade, que nace da colaboración de dúas empresas de ámbitos moi diferentes da Comarca da Ulloa. Desde Granxa Maruxa achegan o leite de vaca ecolóxico, que se converte nun dos ingredientes principais desta crema facial rexeneradora. Desde Milhulloa faise a investigación dos ingredientes activos, tales como o hidrato e o oleato de Milenrama, ou o aceite esencial de Romeu. A fórmula combina tamén vitamina E, extracto de sidra de Ribela e extracto de alga do Mar de Ardora.

O resultado é unha crema facial para aplicar en rostro e pescozo, que se funde coa pel deixando unha sensación agradable.

Recoméndase realizar un suave e relaxante masaxe en pequenos movementos circulares. Este sinxelo truco de aplicación garante a completa absorción dunha crema facial rexeneradora que realza a beleza natural da pel.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Crema facial rexeneradora”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Coñece ao produtor

Detrás deste produto

Muuhlloa
Monterroso

Muuhlloa une leite ecolóxico, plantas medicinais e talento rural para crear cosmética galega natural, sostible e con raíz na Ulloa.

Tamén che pode gustar

Máis Cosmética ecolóxica