Descripción
A muhammara é un dos grandes clásicos da cociña de Oriente Medio. Unha pasta elaborada a base de pemento asado e noces que se usa como paté, como salsa ou como untable e que destaca polo seu sabor con notas afumadas.
A Cooperativa Ribeira do Navia tomou esa receita tradicional como punto de partida e creou a súa propia versión con ingredientes de calidade producidos na provincia de Lugo.
Cun 65 % de pemento como base, completado cun 20 % de noces, aceite de oliva e un 5 % de especias, este paté ten corpo e ten textura.
Úntase en pan ou torradas, acompaña á perfección carnes á prancha, verduras asadas e queixos, ou simplemente serve como salsa para engadir profundidade a calquera prato. Un produto que abre horizontes na despensa.
Elaborado pola Cooperativa Ribeira do Navia en Negueira de Muñiz, no val do Navia, un territorio de aldeas pequenas e paisaxes exuberantes onde a tradición do aproveitamento dos recursos locais segue viva. Esta cooperativa aposta por dar valor engadido aos produtos da contorna mediante elaboracións artesanais coidadas e receitas que sorprenden.




