Embutidos Suarna

Lombo curado – Embutidos Suarna

15,00 

/ peza

IVE incluído

O lombo embuchado artesanal de Embutidos Suarna ten todo o sabor do respecto á tradición e a unha forma de elaboración natural.

  • Carne de cana do lombo do porco seleccionada pola súa calidade.
  • Condimentado con pemento, allo e aceite de oliva e embutido en tripa do porco.
  • Curado de forma natural, ao aire durante un mínimo de 60 días.

Envasado ao baleiro

Bolsas herméticas

Envío a domicilio

En toda a península

Descripción

Este lombo curado destaca polo seu valor nutritivo e o seu contido en graxa reducido, pero, sobre todo, destaca polo seu sabor. Degustarás unha carne seleccionada con esmero e seguindo uns estándares de calidade altos, para levar á túa mesa o mellor embutido.

O proceso de elaboración é natural e tradicional. En Embutidos Suarna respectan os tempos de elaboración e curado que necesita o produto. Non engaden elementos químicos e seguen unha receita como a de antes, poñendo todo o mimo para que cada lombo que sae do seu taller artesanal sexa exquisito. Isto conséguese utilizando materia prima e condimentos de gran calidade.

O lombo curado artesanal envíase envasado ao baleiro e consómese en cru, cortado en liscos para picar como embutido ou tamén para bocadillos.

Os amantes do embutido non poden deixar pasar este lombo embuchado artesanal de Embutidos Suarna. Descúbreo!

A produción realízase na comarca dos Ancares, en Navia de Suarna, unha terra cunha longa historia na elaboración de embutidos artesanais. En Embutidos Suarna aprezan esa tradición, e actualízana para aplicala nos seus procesos de elaboración. Así se consegue un sabor inigualable.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Lombo curado – Embutidos Suarna”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Coñece ao produtor

Detrás deste produto

Embutidos Suarna
Navia de Suarna

Levan máis de vinte anos elaborando embutidos artesáns ligados á montaña lucense, mantendo tradición, territorio e sabor en cada peza.