Casa Príncipe elabora mel nos Ancares unindo tradición abelleira, recuperación dos cortíns e respecto por unha contorna natural única.


Os produtos de Mel Casa Príncipe
A nosa historia
Esta historia comeza co legado do noso pai e o seu amor pola natureza, o que inspirou a mantermos este lazo entre abellas e os Ancares e converternos en pastores de abellas.
A tradición abelleira constitúe unha cultura enxebre dos Ancares que ten coma mellor expresión a existencia dunha arquitectura popular de enorme beleza: os cortíns, espallados polos seus montes e vales.
En Casa Príncipe estamos certos de que axuntar tradición e modernidade abelleira é a resposta para dar continuidade ás seguintes xeracións do pecorear das abellas nos Ancares.
Esta aposta lévanos a recuperar vellos cortíns, adaptando o tamaño dos colmeares ás súas singularidades, o que implica que o noso oficio sexa máis laborioso e complexo, máis coa recompensa de propiciar ás nosas abellas unha mellor convivencia coa contorna, así coma producir meles moi especiais e de intenso e valiosísimo sabor.
En Casa Príncipe traballamos para que o noso xeito de facer mel aporte un valor de compromiso ao lugar que tanto queremos: os Ancares, un espazo patrimonial, cultural e natural recoñecido coma Rede Natura e Reserva da Biosfera por tan senlleiros valores.
Galería
Cada produto ten unha historia. Descubre as familias e obradoiros que fan posible Son de Lugo.