Descripción
O arando é unha das froitas máis apreciadas pola súa riqueza en antioxidantes e polo seu sabor característico, profundo e con ese punto ácido que tanto gusta. Esta marmelada de arando Ribeiregas destaca precisamente por respectar ese sabor, cun 85 % de froita, cada cullerada sabe ao que ten que saber, sen que o azucre tape ao protagonista.
O uso de azucre semiintegral en lugar do azucre branco refinado reforza ese compromiso co produto honesto e pouco procesado. O resultado é unha mermelada de textura natural, perfecta para untar no pan, para acompañar queixos curados ou para dar un toque especial a iogures e sobremesas.
Elaborada pola Cooperativa Ribeira do Navia en Negueira de Muñiz, nun territorio de natureza privilexiada regado polo río Navia. Dende este recuncho tranquilo e ben gardado do noroeste galego, a cooperativa traballa para converter os recursos do seu territorio en produtos artesanais que poñan en valor a riqueza do lugar.



